Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Inauguración da mostra «A inviabilidade do amor» de AiiCi

6 de mayo - 20:00

O mércores dia 6 de maio ás 20:00h terá lugar a en O Vello Cárcere de Lugo, a inauguración da mostra “A inviabilidade do amor”; primeira mostra individual de AiiCi (Aitana Civeira).

Poderá visitarse até o 31 de maio nas celas de mulleres, planta baixa.

A mostra “A inviabilidade do amor” é unha inmersión na loita interna e na transformación emocional da artista AiiCi.

Nada dunha experiencia persoal de amor interrompido, esta mostra explora a progresión do dó: perda, dor, angustia, trauma, aceptación…

As once pezas que conforman esta exposición temporal están cargadas de cores, contrastes e emocións, invitándonos a percorrer o proceso íntimo de AiiCi.

No pasado mes de novembro a artista, con tan só 17 anos, foi seleccionada na prestixiosa Bienal do Eixo Atlántico (que este ano celebra a súa XV edición), por ende a súa obra “Silenzo, agonía e saída” é unha das 28 que conforman a expo colectiva itinerante que comezou a súa andaina en Viana do Castelo e rematará en Carballo no mes de decembro (Este mes pode verse en Ribeira, en Xuño en Vilalba e en Setembro en Monforte, entre outras cidades).

Detalles

  • Fecha: 6 de mayo
  • Hora:
    20:00
  • Categoría del Evento:

Local

  • O Vello Cárcere
  • Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
    Lugo, Lugo 27002 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 29 71 95