«Abracalibro» – Mago Rafa

«Abracalibro»
Mago Rafa
Xoves, 7 de maio de 2026 18:00 hs.
Lugar: Mihl
Idade recomendada: A partir dos 3 anos
Sinopse:
Abracalibro é o novo espectáculo do Mago Rafa, co que nos convida a mergullarnos no fascinante mundo dos libros. Unha viaxe chea de maxia e humor para espertar a curiosidade, estimular a imaxinación e poñer en valor o poder da lectura.
ENTRADAS:
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.


























