Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Festa II Aniversario USK LUGO

20 de septiembre

Festa II Aniversario USK LUGO

«Parece que foi onte, pero xa levamos dous anos debuxando Lugo xuntos, enchendo cadernos, compartindo momentos e coñecendo xente a través do debuxo. E queremos celebralo con vós! 

Domingo 20 de setembro faremos unha quedada especial de aniversario.

11:30 h – Praza Pío XII

Comezaremos, coma sempre, debuxando xuntos polos arredores da Catedral.

14:00 h – Foto de grupo diante da Catedral

14:30 h – Xantar no restaurante O Xugo

Despois da quedada, quen queira poderá acompañarnos a comer e celebrar estes dous anos como se merecen.

E non esquezas traer unha vela! Faremos un xogo divertido con elas 🫣🎂
E haberá algunha sorpresa máis…

O xantar ten un prezo de 21 € e require inscrición e pagamento previo mediante Bizum ao 656 711 247 (Alicia), indicando no concepto: “Xantar USK + nome e apelidos”.

DATA LÍMITE: DOMINGO 13 DE SETEMBRO

A participación na quedada é, coma sempre, gratuíta, aberta a todas as idades e non é necesario saber debuxar. Só tes que traer o teu material e ganas de compartir un bo rato.

Grazas por acompañarnos durante estes dous anos. Agardámosvos para celebralo debuxando, compartindo e soprando velas xuntos! » 

https://www.instagram.com/usk.lugo/

Detalles

  • Fecha: 20 de septiembre
  • Categoría de Evento: