Concerto de High Paw

HIGH PAW en concerto en Lugo
📍 Clavicembalo
📅 Sábado 19 de setembro 2026
🕥 22:30 h
🎟️ Anticipada: 10€ | Billeteira: 12€
🎫 Entradas: https://woutick.com/es/entradas/high-paw-en-club-clavicembalo-lugo
High Paw é unha artista viguesa que conseguiu un espazo propio no panorama musical estatal e internacional grazas á súa mestura de reggae, hip hop e músicas urbanas en galego. Cunha traxectoria marcada pola súa personalidade vocal e pola capacidade de conectar a tradición sonora caribeña coa identidade cultural galega, converteuse nunha voz imprescindible desta escena tras case dúas décadas de carreira vinculada a múltiples proxectos musicais.
Actuou en numerosos festivais e realizou xiras por Europa e México, ademais de colaborar con artistas como Manu Chao, Chalart58, Matah, Wöyza, Dios Ke Te Crew ou Ortiga. Letras críticas, identidade propia e unha proposta aberta e bailable definen un proxecto capaz de conectar con públicos moi diversos.
A recoñecida artista viguesa chega con nova banda, nun paso que supón a consolidación definitiva do seu proxecto artístico. Faino acompañada de Zalo Rodríguez (Lontras) nas teclas, Decsus (Daydream Sessions) na batería, Brais Iriarte (Le BarLuthier) no baixo eléctrico e Laura Mercy (Dakidarría) nos coros.
Esta nova formación dá forma a un directo inmersivo baseado en sintetizadores e ritmos pesados, que transita entre o reggae, o R&B, o hip hop e a electrónica contemporánea. Unha proposta contundente que marca un punto de inflexión na carreira de High Paw, incorporando por primeira vez unha banda propia ao seu universo musical.

