Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto da zanfonista Bea Peña

19 de septiembre - 20:00

Os días 19 e 20 de setembro terán lugar os primeiros actos do ciclo “Zanfona é feminino”, organizados co apoio da Área de Artesanía e Deseño da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Unha iniciativa que reivindica o papel das mulleres na historia da zanfona e da música e que busca poñer en valor o seu legado.

O ciclo achega a Lugo o traballo da cantante e zanfonista Bea Peña, especialista en música medieval, e do ensemble Entrebescant. Presentan “El cantar del destierro”, un programa no que a música medieval e a música de tradición oral, dialogan nunha reflexión sobre o territorio, a memoria e o despoboamento.

O concerto terá lugar o sábado 19, ás 20 horas, na Capela de Santa María. O acceso será gratuíto ata completar a súa capacidade.

Ao día seguinte, o domingo 20, Peña impartirá un curso de aproximación teórica e práctica ao repertorio medieval da península ibérica e ás súas posibilidades de interpretación con zanfona, afondando nas características que permiten adaptar as obras ao instrumento. O
obradoiro, de carácter gratuíto, require de inscrición previa no correo electrónico info.centrad@deputacionlugo.org, e desenvolverase no Centro de Artesanía e Deseño.

Reivindicar o legado das mulleres

A zanfona é un instrumento profundamente vencellado a cultura galega, porén ao longo da historia o papel das mulleres como creadoras e
intérpretes foi frecuentemente invisibilizado,  malia existir documentación e representación da súa presenza ao longo dos séculos.

O ciclo “Zanfona é feminino” nace, precisamente, coa vontade de recuperar e reivindicar esta memoria, visibilizando as achegas das
mulleres á historia da zanfona.

Detalles

  • Fecha: 19 de septiembre
  • Hora:
    20:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Capela de Santa María
  • Ronda da Muralla, 140
    Lugo, Lugo 27004
    + Google Map
  • Teléfono 982 21 00 66