O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. 

Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros ‘Memoria democrática’. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa. 

O 28 de outubro, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo desenvólvese un novo Encontro de Lúa Chea. Nesta ocasión porase o foco en Queixería Bisqato e Tofu Landeira. A partir de experiencias persoais e profesionais dos seus responsables, conversarase sobre os desafíos que supón a creación de proxectos agroalimentarios de valor engadido.  

Na mesma xornada, ás 19.30 horas, a Casa do Saber acolle a proxección de ‘Los ilusos 13+13’, filme dirixido polo cineasta Jonás Trueba. 

A divulgación científica protagoniza o ciclo ‘Ciencia e cañas’, que o 29 de outubro, ás 18.00 horas, chega á Sala Galeno da Facultade de Veterinaria. 

Finalmente, ‘Visións de cine: onde empezan as historias’ con Pepe Coira, Andrés Goteira , Adra Pallón e Clara Coira chega o 31 de outubro á Casa do Saber, ás 11.30 horas. 

Ademais, aínda é posible inscribirse no V Certame de paisaxe sonora, e no VIII Certame de videocreación 

Parte das actividades artéllanse ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan USC, Concello de Lugo e Deputación de Lugo