Inauguración da expo “Tenho dabondo?” De Mateo Baliño Rey

Inauguración da expo “Tenho dabondo?” De Mateo Baliño Rey
O día 31 de outubro – 19:00 horas – Mesón do Forno
“Ola, son Mateo e debuxo dende que teño uso de razón. Dende pequeno sinto a necesidade de crear imaxes. É algo que nunca tiven que forzar e que sempre me axudou a entenderme mellor, como unha especie de dicionario feito de símbolos moi concretos, pero sen un significado explícito.”
Mateo trae unha selección de obras que combinan texturas, materiais e cores como unha especie de alquimista que xunta elementos ao azar coa esperanza de descubrir algo novo, un descubrimento que nunca acaba de chegar.
“Nas miñas obras combino collage, pasteis ao óleo, rotuladores, lapis, acrílico e outros materiais, ás veces sobre papel e outras sobre lenzo. Nunca me interesou demasiado a técnica perfecta e busco máis ben unha expresión libre, directa e subconsciente; algo parecido a abrir unha mangueira e deixar que a auga molle todo o que ten diante, co único control da man que a suxeita.”

