Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto de Jorobados del Miño no Club Clavicémbalo

30 de octubre - 22:30

A banda de rock lucense Jorobados del Miño actuará o vindeiro venres 30 de outubro no mítico club Clavicémbalo da cidade de Lugo, sala que eles mesmos denominan como “a súa casa”.

Despois dunha etapa complicada debido ao pasamento do membro fundador Roberto Rodríguez o pasado mes de xullo, a banda decidiu continuar en activo baixo o formato de power trío, ofrecendo actuacións de alto voltaxe. Desta volta, aproveitarán para poñer a punto os temas que serán incluídos no vindeiro álbum, que están a piques de comezar a gravar, e que levará por título “Cuando las luces se apagan”.

“Este disco será unha homenaxe a Roberto, o seu espírito rezuma en todos os temas. Estivemos agardando por el, por se podía recuperarse e gravar con nós o disco, pero por desgraza non puido ser así”, comenta o guitarrista e vocalista Roberto B.

Con todo, a banda non diminuíu a súa actividade, participando no festival Blues no Camiño de Sarria, o pasado mes de agosto, e nas festas patronais de San Froilán hai unhas semanas.

“Ofrecemos un directo potente e divertido, con temas propios, nunha onda entre o hard rock, o rock sureño, o blues e mesmo o rock máis stoniano”, comenta Roberto B. “Salvo un par de pequenas homenaxes que nos permitimos, o 100% do repertorio é propio, algo que hai que poñer en valor nun momento no que as bandas de versións e tributos teñen tanta aceptación. Por suposto que poderíamos tocar temas coñecidos para todo o público, pero nós cremos na creatividade e apostamos polo noso traballo. Os temas serán mellores ou peores, pero son nosos. E iso hai que valoralo”, engade o músico lucense.

Ramón Jáuregui, ao baixo, e Amaro López á batería e voces completan a formación actual, que leva percorrendo salas de concertos e festivais en Galicia dende 2020, e sendo unha das bandas máis queridas no ambiente musical da cidade.

Serán case dúas horas de actuación, dun concerto que comezará ás 22:30 horas. O prezo da entrada é de 10 euros.

Detalles

  • Fecha: 30 de octubre
  • Hora:
    22:30
  • Categoría de Evento:

Recinto