Cargando Eventos

« Todos los Eventos

III edición do Curso de Chirimía, Sacabuche e Percusión Histórica

29 de octubre - 1 de noviembre

Esta fin de semana terá lugar no Centro de Artesanía e Deseño da Vicepresidencia da Deputación a III edición do Curso de Chirimía, Sacabuche e Percusión Histórica, cun programa que inclúe formación teórica e práctica, así como unha palestra e un concerto final.

O curso, de balde para as persoas que queiran asistir, celebrarase na tarde do venres 30 de outubro e durante toda a xornada o sábado 31 e o domingo 1 de novembro.

Durante a formación, as persoas participantes poderán achegarse á interpretación de instrumentos históricos ou ás formas antigas de notación musical.

Será tamén un espazo de encontro para amantes dos instrumentos históricos. Ademais, haberá dúas palestras unha do luthier Oli Xiráldez e outra do intérprete e investigador Luis Vives Balaguer.

As persoas interesadas en asistir ao curso deberán inscribirse no correo electrónico chirimiasgalegas@gmail.com ou no teléfono 629 421 544.

Programa do Curso

Venres30:
• 15:45 recepción de participantes.
• 16:15 reparto dos grupos
• 16:30 clases teórico/prácticas
• 18:00 descanso
• 18:20 continuación das clases
• 19:30 remate das clases
• 19:45 palestra: “Os menestreis europeos: operarios da música entre a rúa e a corte. Estudo comparado da percusión en España, Italia, Francia e Alemaña (séculos XV-XVII)””. Luis Vives Balaguer

Sábado 31:
• 10:00 clases teórico/prácticas
• 12:00 descanso
• 12:30 continuación das clases
• 14:00 xantar
• 16:00 continuación das clases. Menestreis + percusión
• 18:00 descanso
• 19:30 palestra: “A dulcina do Mary Rose”. Oli Xiráldez

Domingo 1:
• 10:00 clases teórico/prácticas
• 12:00 descanso
• 12:30 continuación das clases
• 14:00 xantar
• 16:00 continuación das clases. Menestreis + percusión
• 17:45 descanso
• 18:00 Ensaio Xeral
• 19:30 Concerto de “Capilla de Arráez” + alumnos na Igresa de Santa María

Detalles

  • Inicio: 29 de octubre
  • Finaliza: 1 de noviembre
  • Categoría de Evento:

Recinto