Cargando Eventos

« Todos los Eventos

II Xornadas anuais de pensamento galego

5 de noviembre - 6 de noviembre

Co título de SAUDADE DE RAMÓN PIÑEIRO, vanse celebrar en Lugo e Láncara as II XORNADAS DE PENSAMENTO GALEGO, promovidas polo CONCELLO DE LUGO e a SECRETARÍA XERAL DA LINGUA da Xunta de Galicia, nas que colaboran a USC, R.A.G., Centro Ramón Piñeiro, Editorial Galaxia, familia de Ramón Piñeiro, Sociedade Interuniversitaria de Filosofía, Biblioteca Provincial, Fundehsga e Fundación Serget+.

Están organizadas por Egeria e Brandán Comunicación, e as intervencións terán lugar os dias 5, 6 e 7 de novembro, en Lugo no Salón de Plenos do Concello, e cadansúa peripatética en Lugo e Láncara, conducidas respectivamente por Beatriz García Turnes e Agustín Dosil Maceira.

O xoves, intervirán Elena Candia (Alcaldesa de Lugo), Grial Parga (Familia. Galaxia); Henrique Monteagudo (Presidente da R.A.G.), Rocio Carolo Tosar, Siro López Lorenzo e Agustín Dosil Maceira.

O venres, tamén en Lugo, Valentín García Gomez (Secretario Xeral da Lingua, Armando Requeixo (Centro Ramón Piñeiro), Miguel Angel Martínez Quintanar, Beatriz Garcia Turnes e Marcelino Agis Villaverde.

A peripatética, percorrido polo lugo de Ramon Piñeiro, vai ir desde fronte á Deputación (Instituto onde estudou), Rúa do Teatro (daquela, Goberno civil), Rúa da Raíña (Méndez Núñez), Paseo da Muralla e Praza Maior.

A peripatética pola Láncara de Ramón Piñeiro comprenderá a Residencia A Veiga, CEIP, busto, casa natal e escola.

Todos os actos serán de asistencia libre.

Estas Xornadas comprenden, asimesmo, a exposición EU, RAMÓN PIÑEIRO, a web www.ramonpineiro.gal, a exposición sobre Bibliografía de Piñeiro na Biblioteca Provincial, e a edición do libro “Manuel Regueiro: Filosofia e Ligua”, que contén as intervencións das I Xornadas de Pensamento Galego, celebradas o pasado ano en Lugo e Santiago, dedicadas ao profesor lucense MANUEL REGUEIRO TENREIRO.

Detalles

  • Inicio: 5 de noviembre
  • Finaliza: 6 de noviembre
  • Categoría de Evento: