Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Presentación do proxecto editorial ‘O bidueiro’

5 de noviembre - 19:00
O xoves, 5 de novembro ás 19:00h, terá lugar na Librería Trama a presentación do proxecto editorial O bidueiro, na que participarán Eduardo Estévez, Sara Plaza e Baldo Ramos.
Sobre O bidueiro: 
o_bidueiro é un proxecto editorial que deseñei e boto a andar desde Outes con vistas á marea. Soñar, soñeino antes, levo toda a vida soñándoo, pero bota a andar aquí e agora.
Nace desde o impulso de dar ao prelo os libros que chegan ás miñas mans e activan ese mecanismo oculto que ninguén sabe explicar pero calquera pode entender.
Co tempo imaxino que iso irá transformándose nunha liña editorial definida. Ou igual non. De momento, o importante é ir andando: persistir no empeño de facer cousas bonitas e necesarias (que me parezan bonitas, que pense necesarias) a pesar de que o mundo arredor semelle empeñado en ruír. Eduardo Estévez, no final do verán de 2022

Detalles

  • Fecha: 5 de noviembre
  • Hora:
    19:00
  • Categoría de Evento:

Recinto