A 36 edición do Festival de Jazz de Lugo, que terá lugar do 4 ao 14 de novembro contará con 22 concertos, acollendo tanto estrelas e grandes figuras internacionais como novos valores do mundo do Jazz e, por suposto, representantes do mellor jazz estatal e galego.
A lenda do piano jazz Kenny Barron, o gran saxofonista James Carter co seu homenaxe a John Coltrane, a multipremiada vibrafonista Patricia Brennan, o
trompetista xapones Takuya Kuroda, o proxecto homenaxe a Miles Davis New Sketches of Spain do trompetista francoi/suizo Erik Truffaz xunto ao cantaor e xasofonista Antonio Lizana ou o concerto do icónico clarinetista e saxofonista cubano Paquito D’Rivera, son algúns dos representantes do jazz mundial máis destacados; sen menoscabo de grandes propostas do jazz europeo e americano e nacional como a Clarence Bekker Band, as portuguesas Jogo de Damas, o novo proxecto do pianista galego máis internacional Abe Rábade “Nova Botánica”, con una proposta que combina música tradicional galega, jazz e música de cámara xunto a un amplo elenco de músicos; os arxentinos Luiz Nacht e Damien Cabaud xunto a lenda da batería Jeff Williams; Andres Coll Cosmic Trio, Mariola Membrives Trío, Javier Vercher Quartet, Irati Bilbao Sextet, o quinteto galego Juzz, Mario Morla Quintet, Victor Antón’s Barney Kessel Tribute Quintet, Swing Titans ou os lugueses Do Like Sco, entre outras.
PROGRAMA:
Mércores 4 de Novembro
20:30 – Auditorio Fuxan os Ventos – Paquito D’Rivera Trio
22:30 – Club Clavicémbalo -Swing Titans
Xoves 5 de Novembro
20:30 – Círculo das Artes – James Carter Organ Trio “Trane – A Centennial Supreme”
22:30 – Club Clavicémbalo -JUZZ (En colaboración con FACELA Fest)
Venres 6 de Novembro
20:30 – Círculo das Artes – Jogo de Damas – Organizado pola Área de Cutura -Vicepresidencia da Deputación Provincial (Entrada de balde: recoller os convites na caseta do Festival)
22:30 – Club Clavicémbalo MØrrajäss
23:45 – Club Clavicémbalo -Irati Bilbao Sextet
Sábado 7 de Novembro
20:30 – Círculo das Artes Takuya Kuroda Quintet
22:30 – Club Clavicémbalo – Do Like Sco “Homenaxe a John Scofield”
23:45 – Club Clavicémbalo – Mario Morla Quinteto
Domingo 8 de Novembro
19:30 – Auditorio Fuxan os Ventos – Abe Rábade “Nova Botánica” – Organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo (Entrada de balde ata completar a capacidade da sala principal, por orde de chegada)
Mércores 11 de Novembro
20:30 – Auditorio Fuxan os Ventos – Kenny Barron Trio
22:45 – Club Clavicémbalo – Luis Nacht, Demian Cabaud & Jeff Williams
Xoves 12 de Novembro
19:00 – Casa do Saber USC -Mariola Membrives Trío – Entrada de balde ata completar a capacidade da sala, por orde de chegada.
20:30 H- Círculo das Artes Patricia Brennan Septet
22:30 – Club Clavicémbalo – Abe Rábade Trío + Ariel Brínguez
Venres 13 de Novembro
20:30 – Círculo das Artes – Erik Truffaz & Antonio Lizana «New Sketches of Spain»
22:30 – Club Clavicémbalo Andres Coll Cosmic Trío
23:45 – Club Clavicémbalo Victor Antón «Barney Kessel Tribute Quintet «
Sábado 14 de Novembro
20:30 – Círculo das Artes Clarence Bekker Band
22:30 – Club Clavicémbalo Javier Vercher Cuarteto
23:45 – Club Clavicémbalo – Cachas & Cousins
ENTRADAS
Para os concertos no Círculo das Artes – Escenario Estrella Galicia: Venda de Entradas na Caseta do Festival na Praza Maior (frente ao Círculo das Artes). Venda de entradas por internet en www.notikumi.com
Paquito D’Rivera Trío en www.ataquilla.com
Kenny Barron Trio: en www.Notikumi.com
Para os concertos no Clavicémbalo: na mesma sala ou en www.woutick.com
Web oficial: https://jazzlugo.com/
O Festival está organizado pola Asociación de Amigos do Jazz “Escobijazz”, un grupo de lucenses unidos polo seu amor por esta música e que se constituíu como asociación cultural no ano 1990.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo está subvencionado pola Concellaría de Cultura do Concello de Lugo, a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación; co patrocinio da Xunta de Galicia (Axencia Galega das Industrias Culturais) e Cervexas Estrella Galicia e coa colaboración de Caixa Rural Galega, AIE Enruta-Jazz, Lugauto concesionario BMW, a Universidade de Santiago de Compostela, o Círculo de las Artes de Lugo, o Club Clavicémbalo e o diario El Progreso.






