Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Festival de Jazz de Lugo 2026, concerto de Jogo de Damas

6 de noviembre - 20:30
Festival de Jazz de Lugo 2026, concerto de Jogo de Damas
Venres 6 de Novembro
20:30 H Círculo das Artes

Organizado pola Área de Cutura – Vicepresidencia da Deputación Provincial (Entrada de balde: recoller os convites na caseta do Festival)

Este grupo vocal formado en 2009 no Porto lanzou o seu primeiro e homónimo traballo discográfico no 2012. O álbum, culminación da vida primixenia do mesmo, foi moi ben recibido pola crítica e gozou de considerable éxito entre o público.

Durante o seu percorrido, Jogo de Damas actuou con grande aplauso en salas e festivais de referencia nacional; en tres ocasións, abofé, esgotou as entradas o auditorio da Facultade de Enxeñaría da Universidade do Porto.

O seu espectáculo conxuga pezas a cappella con outras acompañadas dun trío – piano, contrabaixo e batería – que compoñen tres músicos de renome no panorama jazz portugués.

Detalles

  • Fecha: 6 de noviembre
  • Hora:
    20:30
  • Categoría de Evento:

Recinto