Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Festival de Jazz de Lugo 2026, concerto de Mariola Membrives Trío

12 de noviembre - 19:00
Festival de Jazz de Lugo 2026, concerto de Mariola Membrives Trío
Xoves 12 de Novembro
19:00 H Casa do Saber USC – Entrada de balde ata completar a capacidade da sala, por orde de chegada.
Mariola Membrives é unha das voces máis singulares e persoais da escena musical española hoxe. Actuación e interacción por elementos centrais da súa linguaxe, colocámo-lo seu traballo no cruce entre flamenco, creación moderna e arte de improvisar.

Editou Llorona (co contrabaixista Masa Kamaguchi), Lorca Spanish Songs (con Marc Ribot), Ajuares (con Jordi Bonell, Rodrigo Pahlen, Gorka Benítez, David Soler et alii) e La Babilonia, obra de autoría propia salientada pola crítica, que a xulgou entre os discos do ano en España.

Como parte do seu historial profesional, ofreceu concertos a dúo e noutras varias formacións canda estrelas do jazz e da música improvisada, por exemplo Chano Domínguez, Renaud Garcia-Fons, Horacio Fumero, Daniel García Diego, Tino di Geraldo, Guillermo McGill, Paolo Angeli, Marc Miralta e Julián Sánchez.

Foi cantante de La Fura dels Baus e colaborou como solista en producións sinfónicas e teatrais de grande envergadura, tanto en Europa coma en América Latina.

Parte do seu traballo difundiuno a canle europea ARTE.

Ten actuado en escenarios e festivais internacionais: Teatre Grec de Barcelona, Konzerthaus de Berlín, hr-Sendesaal de Frankfurt, Festival Fabbrica Europa de Florencia, Theatro Municipal do Rio de Janeiro.

Galardoada co Premio Time Out á mellor creadora nacional, co Premio Altaveu e co Premio Córdoba a Escena.

Detalles

  • Fecha: 12 de noviembre
  • Hora:
    19:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map