Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Festival de Jazz de Lugo 2026, concerto de Patricia Brennan Septet

12 de noviembre - 20:30
Festival de Jazz de Lugo 2026, concerto de Patricia Brennan Septet
Xoves 12 de Novembro
20:30 H Círculo das Artes

Poderosa formación que reúne algúns dos improvisadores máis enérxicos da actualidade na busca de novos e audaces territorios sonoros.

Está dirixida pola compositora e música de vibráfono e marimba Patricia Brennan, nacida en México e amplamente recoñecida como unha das vibrafonistas máis fascinantes e renovadoras da actualidade, quen foi en dúas ocasións nomeada Rising Star e, no 2025 Vibraphonist of the Year na enquisa de críticos, pola revista DownBeat .

Presentado no álbum Breaking Stretch (Pyroclastic Records, 2024), o septeto fusiona ritmos afrocaribeños, estruturas clásicas contemporáneas e improvisación vangardista que filtra a través da senlleira perspectiva rítmica e harmónica de Brennan. Constrúe un universo onde converxen liñas de vento vibrátiles, cambios de compás e atmosferas electrónicas que dan lugar a unha música cerebral e á vez directa emocionalmente. As interpretacións ofrecen cadencias profundas e improvisación libre, composicións complexas…

Patricia Brennan Septet representa un ousado avance na evolución da música de conxunto que desafía xéneros.

Breaking Stretch obtivo moi boa acollida, foi nomeado Album of the Year na enquisa 2025 da revista DownBeat e apareceu en varias listaxes dos mellores de jazz do 2024, incluídas 10 Best do New York Times e 50 de NPR (que abarcan tódolos xéneros musicais).

ENTRADAS – notikumi-

Detalles

  • Fecha: 12 de noviembre
  • Hora:
    20:30
  • Categoría de Evento:

Recinto