Cargando Eventos

« Todos los Eventos

(20:15 h) Concerto de Pedro López

30 de noviembre - 20:00
Concerto de Pedro López

O pianista Pedro López dará un concerto o luns 30 de novembro ás 20.15 horas na Casa do Saber do campus de Lugo.

A entrada é de balde e libre ata completar a capacidade da sala.

Pedro López

Pedro López Salas é un pianista español, nado en Albacete, cunha magnífica traxectoria musical que hoxe en día cursa un Concert Diploma na Escuela Superior de Música Reina Sofía co mestre Stanislav Ioudenitch e o seu asistente Vadim Gladkov. Previamente, cursou un Artist Diploma coa Prof. Vanessa Latarche no Royal College of Music de Londres (RCM) e con Norma Fisher, con quen terminou o seu Master of Performance no RCM, tendo recibido First Class Honours, sendo o único laureado cunha bolsa completa en sendas ocasións.

Consagrado artista cunha sensibilidade única, innato oído absoluto e unha habilidade extraordinaria para cativar ao público. Actualmente é membro do Keyboard Trust e Talent Unlimited, ambos de Reino Unido.

Dentro do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ do Outono Cultural.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Detalles

  • Fecha: 30 de noviembre
  • Hora:
    20:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map