O Concello ofrece distintos talleres, que teñen como obxectivo a prevención, información e formación a través de programas de intervención socioeducativa. Versan sobre educación afectivo-sexual, técnicas de estudo, novas tecnoloxías e bulling
Tamén ofrece outras actividades como unha charla e documental, unha xornada sobre saúde na escola, un obradoiro dramatizado sobre o abuso das novas tecnoloxías ou un monográfico sobre a verdade do cannabis
A entidade local organiza este xoves, 22 de novembro, unha mesa redonda sobre A Xuventude e redes sociais, da ciberviolencia á cibercultura. Celebrarase a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere

Novembro 2018 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este luns, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, os novos obradorios do PREVILugo. Trátase de talleres que o Concello desenvolverá neste curso académico en distintos colexios e institutos e que teñen como obxectivo a prevención, información e formación a través de programas de intervención socioeducativa. Deste xeito, a entidade local tenta ofrecer unha ferramenta de traballo para fomentar en valores como a igualdade ou a non violencia.

Existen catro sesións diferentes, dirixidas tanto ao alumando de ESO e BAC, e cada centro particpante poderá solictar unha das seguintes:

1. Educación afectivo-sexual: que ten como obxectivo dar a coñecer a anatomía fisiolóxica e a diversidade sexual natural das persoas; así como identificar as diferentes ETS e o xeito de previlas ou aprender a apreciar e respectar plenamente a diversidade sexual humana.

2. Técnicas de estudo: buscan ensinar a planificar adecuadamente o tempo de estudo, adquirir pautas para elaborar esquemas ou mapas conceptuais e coñecer técnicas coas que exercitar e aumentar a capacidade de atención, concentración e memoria.

3. As novas tecnoloxías: facendo fincapé no móbil, redes sociais e xogos de apostas.

4. O acoso: bulling: que se centrará en explicar o que é, os tipos de acoso, amosar datos estatísticos e dar a coñecer que facer en caso de atoparse nunha situación deste tipo.

Así mesmo haberá charlas formativas, con material audiovisual e posteriormente un debate sobre a temática exposta, ben sexa relacionada coa boa alimentación, a asertividade ou relacións sas.

Todos os centros interesados en solicitar estes obradoiros ou en obter máis información poden facerlo na área de xuventude, no teléfono 982-297-269, ou ben no mail da técnico deste servizo, mariajose.pena@concellodelugo.org

 

Outras actividades de prevención de drogodependencias

Así mesmo, o servizo de prevención de drogodependencias ofrecerá distintas actividades. En primeiro lugar, a charla e documental Máis aló do plano inclinado. Muller e Ciencia e Mileva: a gran esquecida da teoría da relatividade; onde se pon en valor o papel das mulleres na ciencia. Será unha sesión por centro.

Tamén ofrecerá unha xornada sobre saúde na escola, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria, no que se tratarán as crenzas e actitudes do alumnado sobre as drogas, así como no consumo actual e na intención de consumo futuro do estudantado. Consta de tres sesións.

Outra das actividades é un obradoiro dramatizado para alumnado de 6º de primaria sobre o abuso das novas tecnoloxías. É unha sesión por centro e máximo dous grupos xuntos.

Esta programación tamén contempla un programa de talleres con guías de contidos como a presión de grupo, a toma de decisións, o consumo e a publicidade ou a autoestima; coa finalidade de dotar á mcoidade de información, recursos e habilidades. Consta tamén de tres sesións e está dirixido a 1º e 2º da ESO.

Para o alumnado de 3º da ESO, o Concello preparou un monográfico sobre a verdade do cannabis; para 4º da ESO sobre os mitos das drogas, e para FP Básica, sobre os problemas relacionados co uso das drogas. Todos eles teñen unha duración de tres sesións e pódense solicitar no teléfono 982-29-74-98 ou no mail do técnico de prevención de drogodependencias franciso.eiros@concellodelugo.org

Xa dirixidas a familias dos alumnos e alumnas do último ciclo de primaria e ESO, haberá charlas sobre a lei do alcol. Neste caso a información pode consultarse no teléfono 982-29-74-96 e no mail da técnica lidia.platas@concellodelugo.org

Asesorías xuvenís

Carmen Basadre aproveitou a presentación destas actividades para lembrar os horarios da asesoría xuvenil xurídica e psicolóxica, gratuítas e confidenciais, que o Concello ten en marcha no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. A psicolóxica funcionará os luns e mércores, de 19:30 a 21:00 horas, e os martes e xoves, de 18:00 a 20:00 horas. A xurídica, efectuada por un avogado, solventará temas como elaboración dun recurso, presentación dunha denuncia ou dúbidas nun contrato.

Mesa redonda: Da ciberviolencia á cibercultura

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua organiza este xoves, 22 de novembro, unha mesa redonda sobre A Xuventude e redes sociais, da ciberviolencia á cibercultura. Celebrarase a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere.

Esta mesa redonda contará coa participación do delegado de paricipación cidadá da Policía Nacional, Rubén Darío Veiga, o presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, unha representante de FAPA e AMPA en Lugo, PIlar Ónega, e un representante do Colexio Oficial de Piscoloxía de Galicia. Ademais, esta iniciativa contará coas intervencións e testemuños en primeira persoa de vítimas de ciberacoso e os seus familiares. A xornalista e redactora de Onda Cero, Lourdes Abuide, será a moderadora da mesa.