O Goberno da Deputación leva máis de 100 actividades gratuítas aos Concellos da Provincia durante o Nadal
Participan nesta programación un total de 63 Concellos que desfrutarán de maxia, contacontos, malabares, música, teatro ou ciencia. Todas as actividades son gratuítas
García Porto explicou que “con estas iniciativas ofrecemos un lecer alternativo, educativo e creativo nestas datas, e ao mesmo tempo facilitamos a conciliación das familias lucenses”
A Deputada sinalou que “o Planetario é unha das actividades con mais demanda, ao tratarse dunha proposta orixinal e educativa, pero tamén contamos cun concerto singular en Rábade coa Orquestra de Malabares acompañada coa Banda Sons e Soños”
Avanzou que este venres inaugurase o Mercado de Nadal na Praza de San Marcos. Ademais a Rede Museística da Deputación ofrece 23 obradoiros gratuítos (+ info) cun total de 320 prazas. A inscrición está aberta ata esgotar as prazas, e debe formalizarse no Museo onde se vaia realizar o obradoiro
Programación das actividades nos Concellos
21 de decembro:
– Mago Deimi. Ás 10:00 h. CPI Cervantes, Cervantes
22 de decembro:
– Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e as 13.30 h. Centro Cívico, Xove
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 11:30 h. Casa da Xuventude, Mondoñedo
– O Baúl do Mago. ás 11:30, ás 13:30, ás 16:00 e as 19:00 h. Praza do Camiño. Portomarín
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Casa da Cultura, Becerreá
– Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Pavillón Municipal, Ourol
– Mago Deimi. Ás 18:00 h. CPI Plurilingüe Navia de Suarna, Navia de Suarna
23 de decembro:
– O Baúl do Mago. Ás 11:30, ás 13:30, ás 16:00 e as 19:00 h. Xardíns de Noriega Varela, Viveiro
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Casa da Cultura, Palas de Rei
– Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Carpa Constitucional, Vilalba
– Mago Deimi. Ás 18:00 h. Casa da Cultura, Quiroga
– Lucus Ensemble. Ás 19:00 h. Centro Sociocultural, Sober
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 h. Centro Sociocultural da Xuventude e Terceira idade, Monterroso
– Mago Carlos. Ás 19:30 h. Centro Sociocultural, as Nogais
24 de decembro:
– Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e as 13.30 h. Centro Sociocultural e Xuvenil, Baralla
– O Baúl do Mago. Ás 11:30, ás 13:30, ás 16:00 e as 19:00 h. Parque de San Francisco, Ribadeo
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 12:00 h. Casa da Cultura, Outeiro de Rei
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:00 h. Casa da Cultura, Begonte
– Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Campo da Feira, A Pobra de San Xiao
26 de decembro:
– Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Centro Sociocultural, Riotorto
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Casa Consistorial, O Páramo
– Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Campo do Mosteiro de San Salvador, Lourenzá
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 h. Antigas Escolas, Paradela
27 de decembro:
– Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Antigo Instituto, A Fonsagrada
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Local Social, Muras
– Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Pavillón Municipal, Meira
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Concello Novo, Abadín
28 de decembro:
– Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. CENIMA, Foz
– O Baúl do Mago. Ás 11:30, ás 13:30, ás 16:00 e as 19:00 h. Praza do Concello, Burela
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Salón de Actos do Concello, Carballedo
– Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Pavillón Polideportivo, Alfoz
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 h. Salón de actos do Cuartel Vello, Taboada
– Orquestra de Malabares coa Banda Sons e Soños. Ás 20:00 h. IES Río Miño, Rábade
29 de decembro:
– Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Pavillón Municipal, Trabada
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 12:00 h. Bibliotéca Municipal, Xermade
– Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Casa da Cultura, A Pontenova
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 h. Casa da Cultura, O Valadouro
30 de decembro:
– Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Antiga Nave Gandeira da Cruz do Incio, O Incio
– O Baúl do Mago. Ás 11:30, ás 13:30, ás 16:00 e as 19:00 h. Praza de España, Monforte de Lemos
– Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Centro Sociocultural de Mosteiro, Pol
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 17:00 h. Casa da Cultura “Olga Novo” Pobra do Brollón
– Mago Carlos. Ás 18:00 h. Edificio Sociocultural, Pantón
– Maxia pola Igualdade. Fani Triana. Ás 18:30 h. Casa da Cultura, Sarria
– Mago Deimi. Ás 18:00 h. Escola da aldea de Moreda, Folgoso do Courel
– A Gata con Zocas. Ás 19:00 h. Casa da Cultura, Antas de Ulla
31 de decembro:
– O Baúl do Mago. Ás 11:30, ás 13:30, ás 16:00 e as 19:00 h. Praza do Campo da Feira, Guitiriz
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 12:00 h. Casa da Cultura, Pedrafita do Cebreiro
– Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Casa da Cultura, O Vicedo
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 18:00 h. Casa da Cultura, Guntín
2 de xaneiro:
– Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Pavillón “A Ferrería”, Castroverde
– Mago Carlos. Ás 12:00h. Centro Sociocultural, O Corgo
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Fonte do Luar, Triacastela
– Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Pavillón do Colexio, A Pastoriza
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 h. Vivendas Comunitarias, Samos
3 de xaneiro:
– Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Auditorio Municipal, Chantada
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 12:00 h. Centro Sociocultural Díaz Sampedro de San Cosme, Barreiros
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:00 h. Casa do Concello, Cervo
– Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Pavillón Municipal, O Saviñao
4 de xaneiro:
– Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 h. Centro Sociocultural, Bóveda
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 h. Casa da Cultura de Feira do Monte, Cospeito
– Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 h. Casa do Concello, Ribas de Sil
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 h. Centro Cultural Xosé Manuel Carballo de Castro de Rei (Teleclube), Castro de Rei
6 de xaneiro:
– Mago Rafa. Ás 17:00 h. Centro Social, Negueira de Muñiz