Conta atrás para o Arde Lvcvs MMXIX con máis de 50 actividades romanas e castrexas organizadas por Concello e asociacións dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral
Carmen Basadre, acompañada por representantes da Cohors III Lucensium e Senatus Lucus Augusti, presentou a programación que arrincou xa este marzo e durará ata o Arde Lucus
Catas con Baco, paseos pola cidade con Paulo Fabio Máximo, conferencias, cine, un Convivium (cena de confraternidade), obradoiros coas asociacións, degustación de pan romano e un desfile de moda, entre outros …
Marzo 2019 Ata o inicio do Arde Lvcvs MMXIX quedan 90 días, pero entretanto Lugo será o escenario cultural ideal para acoller máis de medio cento de actividades de inspiración romana e castrexa, o Arde Lvcvs Cvltvral, que animarán á cidade ata a celebración da festa, os días 14, 15 e 16 de xuño. Para elo, o Concello e as 17 asociacións de recreación histórica de Lugo organizaron unha coidada programación gratuíta que ofrecerán á cidadanía dende cine arqueolóxico a catas, pasando por conferencias, paseos pola cidade, ou obradoiros, entre outros.
PROGRAMA:



































