Marzo 2019 O FaCeLa celebra as Letras Galegas con dous concertos de bandas galegas – e en galego -, probablemente as máis en forma do momento: Chicharrón e Os Amigos dos Músicos.
A dobre cita será ás 13:00 os días 17 e 18 de Maio, un concerto cada día, nos Xardíns da Deputación, con entrada de balde
17 de Maio. Chicharrón
Os de Carballo veñen de bandas como Franc3s, Lowcost e Telephones Rouges. Son músicos ben coñecidos na escena galega que ademáis contan coa garantía «Prenom», colectivo artístico galego sinónimo de calidade musical e audiovisual.
Poesía musical directa ao corazón. Veñen a presentarnos o seu recente terceiro disco «Cancións clínicas» onde a electrónica, guitarras e sintetizadores conviven de forma espectacular co romanticismo marca da casa.
18 de Maio. Os amigos dos músicos.
Desde Ourense facendo música e recollendo premios desde o 2012, os últimos: Mellor banda de pop nos Premios Martín Códax da Música Galega 2017, Mellor disco galego de 2016 para Mondosonoro. Nº5 nos mellores discos de americana/folque para Mondosonoro. Finalista nos Premios MIN 2017 na categoría de mellor álbum en galego…
Folk rock luminoso sen deixar de lado a electricidade.
Lugo será unha das primeiras datas onde presentarán en directo «Segundo fogar» o novo álbum que está a piques de sair.