Gisele Jackson é unha cantante e diva da música recoñecida mundialmente polos seus éxitos internacionais.
Marzo 2019 Este mes de marzo remata da mellor forma posible, cun concerto, o domingo 31 de marzo, dunha estrela internacional como é a norteamericana Gisele Jackson
A partir das 13.30 en Rúa Bispo Basulto (zona viños -entre a Praza do Campo e a Catedral-), nos agarda unha sesión vermú de blues e algo de soul, house e dance de nivel estratosférico. Algúns datos de Gisele Jackson para que sepas de quen estamos falando:
- participou durante anos en xiras con Ray Charles ou Donna Sumers, entre outros … sendo o seu «padriño» o mismísimo James Brown
- o seu single «Love Commandments» alcanzou o número 3 na lista de baile de Billboard, catapultando a Gisele ao olimpo da música house e dance (logo chegarían novos hits e empezaron a chamala DIVA)
- fixo concertos ao longo e ancho do mundo, cantou en galas de premios de Hollywood e nas festas privadas da meca do cinema, en temas para películas e incluso apareceu cantando na película «O Club das Primeiras Esposas» – Goldie Hawn, Bette Midler, Diane Keaton, Sarah Jessica Parker …-
- teloneou a artistas da talla de Tito Puente, Bette Midler, The Commodores, B-52 e máis xigantes da música
- foi a encargada de cantar na tóma de presidencia do Bill Clinton
- triunfou no teatro, con papeles como Effie en “Dream Girls”, Bessie en “Life & Death of Bessie Smith”, Evilene en “The Wiz”, Luttibelle en “Purlie” e Frankie en “Carmen Jones”.
- e fixo unha campaña comercial mundial para Johnnie Walker na televisión
- …
Datos, logros, biografía telegrafiada dunha artista que é mellor escoitala…e sobre todo disfrutala en directo. Dalle ao play:
Recorda: Gisele Jackson, domingo 31 de marzo, a partir das 13.30 en Rúa Bispo Basulto (zona viños -entre a Praza do Campo e a Catedral-)
Promove: Deputación de Lugo
Colabora: Concello de Lugo
III Festival de Blues
A Deputación, en colaboración co Concello de Lugo, está a organizar a nova programación do Festival de Blues, unha iniciativa totalmente gratuíta coa que ambas institucións traen a Lugo a artistas punteiros do blues así como as novas promesas deste xénero, chegados de distintos puntos do mundo. A programación presentarase nos vindeiros días e non hai máis que recordar o éxito da pasada edición que acabou con Lugo como candidata a ser capital mundial do blues.
Estamos desexando saber o que as promotoras La Liebre e Idea Rock traen desta volta. O cartel do ano pasado e os concertos dos Travellin´Brothers, Aurora &The Betrayers, The Cyborgs, Southern Avenue, Laurence Jones, Dani Nel. Lo & Los saxofonistas salvajes, foron espectaculares.
GALERÍA DE FOTOGRAFÍAS DA II EDICIÓN DO BLUES MUSEUM – ver máis –
















