Xuño 2019 Este mes de xuño Bico de Grao ofrece as seguintes actividades puntuais:
Charla sobre a compostaxe e a importancia dos microorganismos nos procesos do chan.
Mércores 12 xuño ás 19h
De balde
Bioprana World ofrécenos unha charla sobre a compostaxe e a importancia dos microorganismos nos procesos do chan. Esta empresa, pioneira en Galicia, ofrece solucións ecolóxicas e respectuosas co medio ambiente e cos traballadores para a xestión e o manexo responsable de abonos orgánicos, residuos sólidos, residuos industriais, augas residuais, etc.
Programa:
1- Que é a Microcompostaxe
2- Que ingredientes se poden usar
3- Metodoloxía para facer Microcompostaxe.
4- Importancia da vida microbiolóxica do chan.
Estará enfocada á xestión dos residuos orgánicos procedentes da agricultura, para que poidan ser transformados en abonos orgánicos de excelente calidade e reincorporados ao chan devolvéndolle o seu efecto fertilizante.
Canta por Cantar – Ioga da Voz
Martes 18 de xuño de 18:00 a 19:30h
Imparte Helen Rivero Aportación: 12€ clase solta
Grupo de canto para mulleres de tódalas idades onde exploraremos as cores da voz. Desenvolveremos a nosa confianza ao usar a voz e aprenderemos a expresarnos con ela.
Para máis información no dubides en poñerte en contacto coa profe helen@helenrivero.com
Obradoiro: Empoderamento fiscal e económico
Venres 21 de xuño de 16.30 a 19.30h
Imparte: Étikas
Aportación: 35€ (con posibilidade de troco ou bolsa)
Formación para traballadoras e profesionais autónomas, por conta propia ou independentes.
Obteremos unha noción básica sobre o funcionamento da administración, en concreto na fiscalidade e obrigas de seguridade social que afectan ás autónomas; co obxectivo de ter mellores ferramentas para desenvolvernos na nosa práctica empresarial ou profesional, na toma de decisións e na negociación con outros axentes sexan organizacións privadas ou administracións.
Data límite de inscrición: 17 xuño
Inscricións: etikas@etikas.org
Para inscribirse nas actividades puntuais é necesario aboar como mínimo o 30% do importe total (se é o caso) no momento da inscrición, sempre e cando non se dea outra instrución.
Ante calquera consulta non dubides en chamar ao 982807935 ou en escribirnos a bicodegrao@gmail.com