Xullo 2019 A terceira edición do Festival Internacional de Blues de Lugo, o Blues Musuem, comeza cunha muller que leva dez anos conquistando escenarios co seu saxo cheo de blues, jazz e reggae: YolanDa Brown abrirá o Blues Museum cun concerto familiar o venres 19/07 nos xardíns do Museo Provincial de Lugo ás 13:30 e tamén tocará pola noite, na primeira xornada do festival, compartindo cartel con Izo Fitzroy e Ben Poole na Praza da Soidade a partir das 21:30
A saxofonista británica ten tres datas en España e unha delas, a primeira, é en Lugo, nun festival que xa o ano pasado traspasou fronteiras e está a conseguir que o mellor do blues mundial teña interese en tocar na nosa cidade.
No Reino Unido, YolanDa Brown está considerada como a súa «mellor saxofonista femenina» ademáis de ser unha muller líder e exemplo a seguir para moita xente (ten un doctorado, dous másters, foi elexida como entre os 30 mellores estudiantes negros do Reino Unido, presentadora de radio e televisión, escritora de libros infantís, embaixadora de varias ONGs …)
A primeria artista que gañou o premio MOBO por «Mejor Jazz» dous anos consecutivos – uns dos principais premios de RnB/Soul, Reggae, Jazz, Gospel, e African music do mundo -, cuios discos sempren entran no top 10 das listas de blues e jazz das illas británicas, Yolanda Brown, estará en Lugo o venres 19/07 con entrada gratuita.
Redes de YolanDa Brown:
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte