5.500 euros en premios no Certame de Pintura Rápida de Lugo - O Certame celebrarase o domingo 14 de xullo
Xullo 2019 A 19 edición do “Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo” repartirá 5.500 euros en premios o domingo 14 de xullo a partir das 9:00.
As persoas participantes presentaranse entre as 9:00 e as 11:00 horas no Departamento de Cultura do Concello de Lugo para iniciar o concurso e o tempo máximo para a presentación das obras rematadas será o mesmo domingo ás 17:00 horas. Despois da deliberación do xurado, ás 18:00 horas daranse a coñecer as obras premiadas.
As obras premiadas pasarán a ser propiedade do Concello de Lugo que completará así, unha importante colección de arte que se vai configurando ao longo dos anos coa celebración deste Certame.
Os premios do Certame suman un total de 5.500 euros que se repartirán en 8 categorías. O primeiro premio recibirá diploma e 1.600€, o segundo premio: diploma e 1.100€, o terceiro premio: diploma e 900€. Tamén haberá cinco accésits de 300€ e diploma e un premio especial de 450€ e diploma para a mellor artista local.
Promove: Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo