Setembro de concertos na Capela de Santa María de Lugo: Dúo Fracanapa, Ensemble Hotteterre e Raiceira conforman a programación de “O que Queda de Verán na Capela” que promoven as áreas de Cultura do Concello e Deputación de Lugo

Setembro 2019 Á programación para público familiar que estase a celebrar en O Vello Cárcere – «O que queda de verán» – súmase un novo programa dirixido a tódolos públicos: “O que Queda de Verán na Capela”,  programa de concertos nas tardes dos venres ás 20:30 na Capela de Santa María, con entrada libre ata completar aforo, promovido polas áreas de Cultura do Concello e a Deputación de Lugo. 

Venres, 6 de setembro

Concerto do «As Sonoridades do Tango» do Dúo Fracanapa 

Dúo formado pola violinista alemá Susanne Hofmann e o bandoneoista arxentino Matías González, ten un repertorio que vai desde Carlos Gardel ata a obra vangardista de Astor Piazolla, pezas barrocas de Bach, jazz de Charlie Parker ou os ritmos brasileiros de Egberto Gismonti, todo coa música de tango como eixe principal

Duo-Fracanapa
Duo Francanapa - Fonte: web oficial de Susanne Hofmann
Venres 13 de setembro

Concerto do Ensemble Hotteterre

Grupo que prentende dar a coñecer as innovacións que realizou Jacques-M. Hotteterre, músico da corte de Luís XIV e Luís XV de Francia, no mundo da música de cámara. Este músico foi un dos máximos representantes do uso da gaita de fol na chamada “música erudita”.

Venres 20 de setembro

Concerto de Raiceira

Folk galego interpretado por dúas lucenses que parten de melodías da nosa tradición popular e reinterprétanas mesturando as influencias doutros estilos e instrumentacións (un instrumento como o violonchelo, asociado normalmente á música clásica, mestúrase coa voz, ou percusión de man e gaita son un par de exemplos da súa proposta)

Raiceira -fb-