Actividades de ocio en familia no Vello Cárcere de Lugo

Novas actividades de ocio en familia no Vello Cárcere co programa "O que queda de verán" que promove a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua

actividades-veran-lugo

Agosto 2019 Últimos días de agosto e primeiros de setembro con novas actividades para que os peques e as súas familias disfruten «O que queda de verán» no Vello Cárcere de Lugo – con entrada gratuíta e sen inscrición previa – :

Xoves 22 de agosto

18:00 Obradoiro de creación de instrumentos musicais de refugallo e ás 19:00 o espectáculo “Cores, contos e Rock and Roll” da man de Pakolas

Xoves 29 de agosto

18:00 Obradoiro de globoflexia e ás 19:00  actuación de Cozorellos Salvaxes, grupo musical infantil cun repertorio a favor do feminismo e da diversidade.

Xoves 5 de setembro

18:00 Obradoiro de traballos manuais de temática circense e ás 19:00 actuará Martiña Soñadora, con Sabela King e Carlos Gil cun repertorio de ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues.

Xoves 12 de setembro

18:00 Obradoiro de pintura e investigación en familia impartido pola asociación socio-educativa Antonio Gandoy e dirixido a familias con nenas e nenos de 6 meses a 3 anos.

19:00 «Contos para un Mundo Mellor» de  Diego Maceiras e Gloria Mosquera, na que contan varias historias con música e cancións, nas que se tratan temas como o medo, o coidado da natureza ou o saber dicir non, facendo reflexionar sobre a importancia da empatía, da prudencia, da superación persoal, da cooperación e da responsabilidade como mecanismos necesarios de paz e felicidade.