Setembro 2019 A pesar das dificultades vividas nestes últimos anos, a Banda Municipal de Música de Lugo está de volta e tocarán no San Froilán o 12 de outrubro na Pza de Santa María. Así o anunciou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, que, despois de 3 anos de parón a Banda Municipal de Música retomará a súa presenza no San Froilán, continuando cos seus 85 anos de historia nas festas.
Ademáis, o sábado 5 de outubro, a Banda Filharmónica de Lugo, seguida da Banda da Escola de Música de Rianxo tocarán na praza de San Marcos. O domingo das mozas, a praza de Santa María acollerá á Banda de Música de Outeiro de Rei e á Banda de Santiana de Figueira da Foz. Coa presenza destas bandas, desde a Concellería de Cultura aténdese a unha das propostas que presentou o Grupo Municipal do PP para a comisión de festas.