Outubro 2019 A fotografía cruzouse na vida de Miguel Pedrouzo – José Miguel Pedrouzo Díaz, Lugo 1986 – por casualidad, e bendita casualidad vendo as súas fotos. Alberto Lorenzo ensinoulle o básico e a base de horas e horas de tutoriais de YouTube e sair a facer fotos chegou a ter o selo persoal que tan importante é para distinguirse neste mundo de miles de imaxes por segundo.
Desde fai tres anos aproximadamente, con unha constancia envidiable, intenta captar a esencia de todo o que lle rodea día tras día en Lugo, cidade da que está enamorado e da que podemos enamorarnos – aínda máis vendo as súas fotos nas súas redes sociais –
«… cando xurdiu a posibilidade de colaborar no proxecto Viva O San Froilán, non o tiven que pensar medio segundo; o tempo que me levou dicirlles adiante conta coas miñas fotografías e as miñas ganas de currar. O resultado tras horas e horas de patear as rúas de Lugo para captar a esencia das festas ben mereceu a pena. Grazas a este proxecto podemos mostrar á xente o noso traballo, foi un pracer colaborar con grandes artistas de Lugo cada un coa súa técnica e a súa visión deu un aire fresco ao Viva San Froilán.» Miquel Pedrouzo
Redes:
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte