Novembro 2019 Chega unha nova edición do Divulgaterra, a cuarta consecutiva deste evento que pretende achegar o traballo que se fai no Campus Terra a todas as persoas interesadas na ciencia, a tecnoloxía, as humanidades e as ciencias sociais. Durante tres xornadas na Casa do Saber, os xoves 7, 14 e 21 a partir das 19 h, as investigadoras e investigadores do Campus Terra darán a coñecer os traballos de investigación que están desenvolvendo.
Os «petiscos» de divulgación serán de 10 minutos e en galego xa que preténdese tamén potenciar o galego como lingua da comunicación e da divulgación científica.
A entrada é gratuita ata completar aforo.
.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte