Paloma Lugilde e o reparto da adaptación teatral de «Poeta en Nova York» de Federico García Lorca, están a tope ensaiando sen descanso para a estrea o mércores 29/01 no Gustavo Freire. O fotógrafo lucense Adra Pallón viviu con eles unha tarde para plasmar a súa visión da trastenda dunha compañía de teatro, do seu esforzo para que a primeira vez en galego desta obra de Lorca sexa un éxito.
O elenco está formado por María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz. Completan o equipo Rosa Moledo tradución e asesoramento lingüístico, Xoan Laxe tradución e Alfredo Sarille luces. Directora e dramaturga Paloma Lugilde.
Pase para o mércores 29/01 ENTRADAS ESGOTADAS
Xoves 30/01 – 20:30 – Auditorio Gustavo Freire ENTRADAS – entradaslugo-
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte