ABRIL 2018 Pendentes de facer a súa presentación oficial, a promotora cultural, a recén nacida Asociación Cultural Tele-Clube, «debuta» o sábado 14/04 en «La Ferretería«, a partir das 13:00, cos concertazos de Autumn Comets + Espiño, inaugurando así unha liña de programación cultural atraente e especial na nosa cidade: os concertos os imos poder degustar con vermú servido pola firma de productos galegos Vinissi e de sushi elaborado polo restaurante Paprica, sumando así boa música, gastronomía de calidade e un espazo confortable.
Autumn Comets
Comparados con Mogwai ou Wilco, Yo La Tengo ou Mercury Rev, Slodive e Broken Social Scene, e grupo favorito nesta redación de Viva Lugo, tocarán por primeira vez en dez anos de carreira en Lugo. Logo de sobrepasar o millón de escoitas en Spotify, os madrileños Autumn Comets -fb- chegan á nosa cidade para presentar o seu quinto disco, Realejo, o primeiro integramente en castelán. Gravado o ano pasado nos estudos La Mina (Viva Suecia, Pony Bravo, Maika Makovski), mesturado e masterizado por Manuel Cabezalí (Havalina) e coa colaboración de Ricardo Lezón (McEnroe) en “Viernes de Dolores”, os oito temas de Realejo sintetizan a evolución constante e os gustos dispares destes músicos que comparten a paixón polo directo. – RECOMENDACIÓN ESPECIAL DE VIVA LUGO …aquí estamos en bucle absoluto con «Realejo» e discos anteriores … M A R A V I L L A –
Espiño
Proxecto musical en solitario de Alfonso Espiño – fb – (Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales), compostelán de 1976 ligado ao mundo da música dende hai máis de vinte e cinco anos. Na etapa actual, aposta pola producción propia, o idioma galego, o pop de corte psiquedélico, aderezado con certas pingas de rock progresivo e un chisco de folk-rock.
Na cita luguesa, o músico amosará a súa faceta máis imaxinativa nun set acústico. En 2017, publicou o seu primeiro disco en solitario, I, en que contou coas colaboracións de Álvaro Crego e de Quim Fariña, e tamén o sinxelo dixital Flores, tambores e ilusións. O paso de Espiño por multitude de festivais nos últimos meses (Felipop, Noroeste Estrella Galicia, Feito a Man, Vive Nigrán, Festival de la Luz) manifesta o interese e o apoio do público e dos programadores polo músico, quen xa se atopa traballando en novas melodías que presentará ao longo de 2018.
AUTUMN COMETS & ESPIÑO
Sábado 14 de abril, 13.00H. Sesión vermú + sushi
LA FERRETERÍA, Rúa San Froilán, 11. Lugo
Entrada: 6 euros anticipada (La Ferretería, Wegow), 8 euros en porta SOLD OUT – TODO VENDIDO – NO HAY ENTRADAS NI EN TAQUILLA