Será o mércores 2 de setembro ás 19h00 con saída do Parque de Rosalía
Paseo guiado polo Lugo menos coñecido #LugoFotográfico IV

O fotógrafo fundador deste medio Marcos Loopez participará no IV paseo guiado «Lugo Fotográfico» con Guido Guía, responsable do mesmo e de moitos outras visitas guiadas á nosa cidade totalmente diferentes ás ofertadas normalmente.

O itinerario é sorpresa, nin o Loopez sabe cal é, o contido un misterio preparado por Guido, unha excusa para falar co alma mater deste medio sobre Viva Lugo e sobre a fotografía.

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos dos paseos. 

Marcos Loopez – instagram –