ABRIL 2018 Acaba de comenzar no CENTRAD o curso de novas tendencias en edición que organiza a Fundación Uxio Novoneyra  no que os preto de 20 alumnos  realizarán unha antoloxía de nova poesía luguesa, así como unha mostra expositiva da evolución dos soportes-libro como práctica á formación técnica e  actualizada que recibirán de experimentados e experimentadas profesionais do sector de maior relevancia de Galicia (autores, editores…)

O curso consta de 60 horas, realizárase ata o 5 de maio. Concretamente serán 45 horas de formación intensiva na industria editorial (homologables a curso de formación ocupacional e intercambiable por 2 créditos da USC, xa en negociación), así como 15 horas de formación con eventos relacionados na materia”.

  • O Consello da formación será coordinado por @UxioNovo, secretario da FUN, DirCom da editorial Abooks, Ex DirCom da distribuidora import-export Caligrama Libros, que ademais impartira as formacións teóricas ligadas á xestión de editoriais.
  • A formación de deseño editorial, central ao curso, será impartida por un profesional especialista en deseño editorial: Manolo González, director de Sigum Deseño, responsable gráfico da Editorial Chan da Polvora e da colección Biblioteca de Mesopotamia, que orientará o curso á actualidade en maquetación, tradición e futuro da edición especializada, sen esquecer a resistencia da literatura, a autoedición e as artes visuais no papel.
  • Complementarán os apoios as titorías desta formación @IvanLGimeno, especialista en comunicación dixital, campañas de micromecenado editorial e coordinador da plataforma ithcrowdfunding.org, e Niko Alvarellos, das industrias gráficas do mesmo nome e de APrint. Tamén haberá un módulo de encadernación que será ofrecido polo CENTRAD.
  • Este claustro estará acompañado regularmente pola presencia e intervención dos profesionais de referencia do panorama editorial de Lugo, xunto a invitados doutras partes de Galicia e internacionais.
 

Inauguraron o curso: a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o xerente da Fundación Uxío Novoneyra, Uxío Novoneyra