“Lorchas e punteirolos” na Revista Oral do San Froilán 2020

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu esta tarde un novo encontro da Revista Oral do San Froilán, organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) coa colaboración da áreas de Cultura do Concello de Lugo e da Deputación de Lugo.

Baixo o epígrafe “Lorchas e punteirolos”, referentes do fútbol modesto lucense como Jose Luis Corujo, José Luis Villamarín, Tino Mendaña, José Luis Díaz, Toño Núñez e Ovidio González compartiron emocións, vivencias
e anécdotas dun tempo en que o os equipos de fútbol estaban no centro da vida social dos barrios da cidade. Segundo lembraron, “nos anos corenta  había 14 equipos xogando o campionato de modestos”. “O futbol era o mais importante despois de traballo, unha válvula de escape nuns tempos moi dífíciles”, recordaron.

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro, o deputado de Deportes Efrén Castro e mais o tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, asistiron ao encontro, coordinado por Antonio Reigosa e Lois
Pérez.

“Lorchas e punteirolos” na Revista Oral do San Froilán 2020
Foto: gabinete comunicación vicepresidencia deputación