Samaín 2020 en Lugo - Programa de Xuventude

Xuventude, presenta as actividades para o Samaín 2020 con todas as garantías de seguridade

As actividades son gratuítas e en todas elas é obrigatorio o uso da mascarilla.

A concelleira de Xuventude Ana Abelleira, presentou as actividades para o Samaín 2020 e convidaba hoxe á mocidade lucense a participar nas actividades organizadas polo Concello “neste atípico 2020 queremos ofrecer aos máis novos unha programación diferente de calidade e con todas as garantías de seguridade, aínda que o concepto varíe con respecto aos pasados anos, estamos seguros de que será do agrado de todos”, engadiu a edil.

As actividades incluidas no programa de Samaín 2020 organizado dende a área de Xuventude son gratuítas e en todas elas é obrigatorio o uso da mascarilla.

Programación Samaín 2020:

SÁBADO 24 E XOVES 29 DE OUTUBRO

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE PEEL-OF DE EFECTOS ESPECIAIS

Grupo de 10/sesión

SÁBADO 24: De 11:00 a 13:00 horas

XOVES 29: De 18:00 a 20:00 horas

Casa da Xuventude

Inscricións no teléfono 982 297 444

O número de persoas participantes poderáse modificar en función das circunstancias sanitarias

VENRES 30 E SÁBADO 31 DE OUTUBRO

III RASTREXO NOCTURNO «MILAGROSA ZOMBIE»

21:00 horas

Parque da Milagrosa

Grupo de 5/día (grupos máximo de 3)

+18 anos

Inscricións en xuventude@lugo.gal

O número de persoas participantes poderáse modificar en función das circunstancias sanitarias

DOMINGO 1 DE NOVEMBRO

CONTACONTOS DE SAMAÍN CON CLÁN DE BREOGÁN

3 pases: 17:00, 18:00 e 19:00 horas

Praza da Milagrosa

Público familiar (cativo/cativa acompañado dun adulto)

Inscricións en xuventude@lugo.gal

O número de persoas participantes poderáse modificar en función das circunstancias sanitarias

SÁBADO 31 E DOMINGO 1

MASTERCLASS A MOVER O ESQUELETO

SÁBADO 31:12:00 horas, Praza da Milagrosa

DOMINGO 1: 18:00 horas, Praza de Augas Férreas

Actividade aberta con aforo limitado

O número de persoas participantes poderáse modificar en función das circunstancias sanitarias