Este mércores celebrouse o acto de presentación da XIX edición dos Premios Mestre Mateo, que tivo que ser adiado en febreiro por mor das restriccións impostas pola crise sanitaria. A presente edición reflexa a boa saúde do noso audiovisual, como dan conta as candidaturas finalistas anunciadas hoxe e o ambicioso programa de actividades que, durante un mes, promocionará o talento audiovisual galego en eventos presenciais e online.
As candidaturas lucenses son as seguintes:
CATEGORÍA MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN: REALITY (David Fidalgo Omil).
CATEGORÍA MELLOR PROGRAMA TV: COS PÉS NA TERRA (Capítulos 109-121) (Filmax -Produccións AFonsagrada, S.L.- para a Televisión de Galicia).
SEGREDOS, DESMONTANDO GALICIA (Capítulos 7-15) (MBC Servicios Audiovisuales para a Televisión de Galicia).
CATEGORÍA MELLOR VIDEOCLIP: MUINHEIRA DE INTERIOR, Boyanka Kostova (Xaime Miranda).
CATEGORÍA MELLOR COMUNICADOR/A DE TELEVISIÓN: ROBERTO VILAR (Land Rober Tunai Show, Caps.183-211).
CATEGORÍA MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA: MELANIA CRUZ (Ons)
CATEGORÍA MELLOR REALIZACIÓN: MARCOS ESTEBO, DIEGO GUERRERO e MÓNICA ARES (Cos pés na terra, Caps, 109-121).
Se falta algunha avísanos nas redes 🙂
Actualización: a directora de Nación, Margarita Ledo, finalista no apartado de MELLOR DOCUMENTARIO, tamén é da provincia
A directora de Amnesia 3.0, Irene Pin, finalista no apartado de mellor serie web, é de Lugo (CATEGORÍA MELLOR SERIE WEB: AMNESIA 3.0 (CAP. 1-3) (Carballo Interplay e Produtora Absurda).
CATEGORÍA MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE: ANTONIO PEREIRA (A Illa das Mentiras).
Mentres iso pasa, de Nacho Ozores Mosquera na CATEGORÍA DE MELLOR CURTA DE IMAXE REAL
Coñeceremos as candidaturas gañadoras na Gala de entrega de premios, que terá lugar no Teatro Colón da Coruña o 10 de abril de 2021. Dirixida por Tito Asorey, actor e director teatral e presentada por Lucía Veiga, actriz e comunicadora, unha das presentadoras de Malicia Noticias, o noticiario de humor que emite TVG, cunha proposta fresca e áxil, na que a música e o humor estarán moi presentes.
Coa celebración dunha Gala presencial, a Academia quere reivindicar a seguridade dos eventos culturais en tempos de pandemia, aplicando estritamente as directrices establecidas polas autoridades sanitarias: reducción da capacidade do teatro conforme á normativa vixente no momento da Gala, escaleta de acceso ao recinto para evitar aglomeracións, uso de máscaras e xel hidroalcólico, adaptación do espectáculo aos requerimentos sanitarios (non se producirá unha entrega en man das estatuíñas, desinfección dos equipos) e realización de probas PCR ás persoas integrantes do equipo técnico e artístico.
A Academia Galega do Audiovisual organiza os Premios Mestre Mateo grazas ao apoio das seguintes institucións: Concello da Coruña, Deputación da Coruña, a Axencia Galega das Industrias Culturais-AGADIC da Consellería de Cultura e CRTVG.