Programación segura para reivindicar feminismo o 8M

Dentro da programación de Xuventude polo 8M atopamos as «Andainas Mulleres con Forza», ruta cultural polo centro histórico da cidade percorrendo os espazos e monumentos relacionados coas mulleres que transformaron a sociedade lucense e galega ao longo da súa vida, deixándonos un importante legado a nivel histórico, cultural ou científico. Guía: Camiños con Arte

Inscrición gratuita no teléfono 010 ou 982 297 350 chamando dende fóra de Lugo.

Todos os sábados de marzo ás 10.00 e ás 12.00 horas.

Saída da Praza Maior nos soportais da Casa do Concello.

A actividade ten unha duración de 1 hora e media.

É necesario usar máscara durante toda a actividade.

Grupos reducidos segundo as medidas sanitarias vixentes e suxeito a calquera cambio en función da situación sanitaria.