Tivo lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a gala final da primeira edición da iniciativa EnRedando co Galego, que contou coa participación de estudantes dos IES Muralla Romana e Leiras Pulpeiro.
As rapazas e rapaces participantes puideron desfrutar dunha xornada festiva presentada por Lois Pérez, e que contou coa actuación musical de Verto.
Na gala recibiron un agasallo pola súa participación, ademais de participar no sorteo de agasallos de material electrónico e lotes de libros.
EnRedando co Galego
Durante 21 días, as estudantes puideron escoller dúas experiencias distintas:
– unha inmersión lingüística, compartindo nas redes sociais as súas reflexións sobre o proceso ou
– unha experiencia de creación literaria e artística, na que crearon obras literarias en galego en formato escrito e dixital, que foron enviadas á Escola de Escritoras e Escritores da AELG.