Miñaxoia, de Clara Ferrao, e Vertebrata, de Alejandra Balboa son as propostas de danza programadas para ás 20:30 horas deste domingo 11/07 no MIHL.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os dous novos espectáculos de danza cos que se pretende continuar a apoiar a danza e as artes do movemento para así “achegar a cultura dun xeito diverso e enriquecedor a toda a veciñanza”.
A entrada será gratuíta ata completar a cabida do recinto, e non será preciso reservar entrada previamente.
Os espectáculos están enmarcados dentro da proposta Danza + Paisaxe + Patrimonio, xestionada pola AGADIC dentro da programación do Xacobeo 21-22, e que conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo.
Miñaxoia, de Clara Ferrao
Duración: 15 minutos.
Un corpo, unha vibración, un croque, huna fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que isto vai cambiar. Ás veces todo parece invisible, só está o corpo, só o cansanzo, só o movemento inagotable que me permite recoñecer onde me atopo. A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo difumínase, atopa unha nova vibración. O corpo transfórmase, haberá unha solución que descoñezo.
Vertebrata, de Alejandra Balboa
Duración: 10 minutos.
Sinopse: Unha viaxe emocional no que o corpo é movido polo ruido que o habita. Éste corpo atópase coa dificultade de controlar os seus impulsos internos, intentando descifralos e incluso dominalos. Un vaivén entre a leve asfixia do intento e a pesada carga da debilidade. É a expresión dun animal que exterioriza a través do movemento, os diferentes estados da súa materia. Non deixo que nada entre en min sen retumbar, sen controlar a intensidade coa que habitan, chocan ou explotan. Ás veces parece que descansan, pero de seguido recorren todo o espazo que poden para facerse notar. Limítome a intentar apagalas. Penso, ilusa, que cando me volvan a pellizcar, entendereinas con claridade. Pero non. Non consigo que se durman. Temo que a miña paz quedará reducida aos pequenos momentos nos que o aire consiga entrar e salir do meu corpo sen dificultade.