O V Arde Lúpulus, que como novidade se alonga un día máis, achega preto de 70 tipos de cervexas artesáns á Praza Horta do Seminario
ABRIL 2018 O xoves 03/05 comenza a V edición da Feira da Cervexa Artesá de Lugo-Arde Lúpulus, que se prolongará ata o domingo na Praza Horta do Seminario, en horario de 12:00 á 01:00 horas.
Programación
Xoves 3
18:00 horas inauguración e pinchada do primeiro barril;
19.00 actuación do DJ Mr.Fishman Aka Dr. Think
22:30 peche da feira.
Venres 4:
12:00 horas apertura da feira
21:00 concerto de La Cumbancha de la Martiniana
00:00 peche da feira
Sábado 5
12:00 apertura da feira
12:30 sesión Beer-Mú e actuación do DJ Mr.Fishman Aka Dr. Think
17:30 obradoiro infantil de manualidades de chaveiros e broches
20:00 Friki-cata de cervexas da man da xente da tabla de Flandes (as persoas interesadas en anotarse deberán enviar un correo electrónico a seguinte dirección de email: catasfreak@gmail.com)
21:00 concerto de Skintight.
Domingo 6
12:00 horas apertura da feira
12:30 obradoiro de elaboración de cervexa artesá gratuíto (as persoas interesadas en anotarse deberán enviar un correo electrónico a seguinte dirección de email: cursodecervexa@gmail.com) e sesión Beer-Mú coa actuación de DJ Alex Nite
17:30 obradoiro infantil de elaboración de pezas con barro
20:00 actuación de los Pontiaks
22:30 concurso a mellor etiqueta do festival
22:35 concurso a mellor cervexa do festival
22:40 concurso o mellor Food-Truck do festival
22:50 entrega de premios aos cervexeiros
23:00 clausura da feira.
A presentación da V edición da Feira da Cervexa Artesá de Lugo-Arde Lúpulus celebrouse na Sala de Usos Múltiples de Novas Tecnoloxías, coas intervencións da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto ao presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, Esteban Loureiro. Trátase dun evento de balde e organizado pola asociación a través do patrocinio da entidade local, co obxectivo de dar a coñecer este produto elaborado de xeito artesanal e profundizar na cultura que xira en torno a esta bebida.