Aberta a inscrición nos obradoiros dos espazos de Fotografía e Cine e na Aula de Teatro da USC no Campus de Lugo

A área de Cultura da USC no Campus de Lugo mantén aberta a inscrición para os obradoiros dos espazos de Fotografía, Cine e Teatro. 

A programación botará a andar o vindeiro 31 de xaneiro, coa celebración dun taller gratuíto de teatro, aberto á participación dun máximo de 10 persoas pertencentes á comunidade universitaria.

As persoas interesadas que tomen parte nesta primeira actividade teatral poderán incorporase despois na Compañía de Teatro USC-Lugo, unha formación que este ano contará como director con Aarón Navia – actor e director lugués – 

Cine

O curso ‘Pensar e contar unha serie de TV’, impartido por Pepe Coira, abrirá o 4 de febreiro a programación do Espazo de Fotografía. Esta primeira acción formación permitirá ao público participante desenvolver unha idea ata convertela nun proxecto susceptible de ser unha serie televisiva.

Creación con móbil

Aprender a contar historias desde o móbil é o obxectivo do curso impartido por Iago de Sant, un programa concibido como obradoiro de aprendizaxe de novas linguaxes cinematográficas.

Fotografía

O fotógrafo lugués Adra Pallón impartirá unha nova edición do módulo de expresión a través da linguaxe fotográfica. 

INSCRICIÓN – INFORMACIÓN

A través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es 

O estudantado universitario que tome parte en calquera destas actividades poderán solicitar o recoñecemento dun crédito ECTS.