O vindeiro martes 2 de maio, mestres e alumna/os da Tradescola ofrecerán distintas actuacións na Praza Maior de Lugo para celebrar os Maios.
As/os nenas/os da Tradescola elaborarán un Maio figurado con fiuncho, fentos, herbas, e frores silvestres
O programa será o seguinte:

Martes 2 de naio

De  17.00 a 17.30 horas: Elaboración de maios figurados.

A partir das 17.30 horas: actuacións arredor do maio a cargo de grupos de baile, canto e pandeireta, percusión e zanfona da Tradescola.

A FESTA DOS MAIOS

A festa dos Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais.

Esta celebración primaveral adóitase celebrar a principios do mes de maio, e é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio.

Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios), mentres camiñan e bailan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus.

Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás.

As figuras que protagonizaban a festa, os maios, podían ser:

Maios figurados: unha figura en forma de cono -modelo máis tradicional- recuberta de mofo, fiuncho, herbas…

Maios humanos: unha persoa -neno ou adulto- cuberto de pólas, follas, flores etc.

Sobre esta estrutura debúxanse distintos motivos con flores, follas, fiúncho, fentos, bugallos, froitos ou mesmo ovos, como materiais máis habituais. O cumio remátase (coróase) cunha cruz.