Entraron estas fotos voando por unha das 3,1416 ventás da redacción.

Estaban pechadas.

Choveron cristais.

As imaxes quedaron flotando no aire.

Entre elas, un papel cunha mensaxe escrito tipo lettering, con xeito e con gracia, a cores dispares:

«Voy a romper las ventanas

Para que lluevan cristales

Ven a romper las ventanas

Ven a gritar como antes

Ven a romper las ventanas

Y hacer del caos un arte

Voy a romper tus ventanas

Y voy a entrar como el aire»

Dirixido á «Dirección ou C.E.O.», que aquí non temos deso e/ou dese.

Tal misiva de amor protesta para quén é? O texto dunha canción de Love of Lesbian, a caligrafía, unhas fotos do Adra Pallón sobre diferentes protestas, manifestacións… nada ten sentido.

9,8 redactoras da sección de investigación investigan. Un, eu, yo, opino que:

Adra Pallón é un fotógrafo documentalista, pero no caso das manifestacións, é un fotógrafo protesta, xa que sempre mira desde o lado dos que se manifestan, dos que lanzan berros, queiman pneumáticos, …posiciónase claramente … protesta a cada disparo coa súa cámara, como a súa admirada e referente Anna Turbau, da que podemos ver unha exposición estes días en O Vello Cárcere.

ADRA PALLÓN

Adra Pallón é un premiado fotógrafo lucense con proxección internacional. Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.

Web oficial Facebook Instagram

+ de Adra Pallón en Viva Lugo:

Entrevista a Adra Pallón – A mirada social

Lugo na mirada de Adra Pallón

«Se pecha Alcoa, nós tamén»

Adra Pallón seleccionado nos Oscar do fotoxornalismo