Maite Ferreiro, concelleira de Cultura anunciou a posta en marcha do XXIX Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo, no que poderán participar todas as rapazas e rapaces de 12 a 18 anos dos centros de ensino de Lugo.
«Trátase dunha cita consolidada xa no calendario lucense e na que cada ano vemos a gran capacidade creativa da mocidade do concello», declarou Maite Ferreiro.
Cada persoa poderá presentar un máximo de tres relatos, que terán unha extensión máxima de 3000 palabras. O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, con tres premios cada unha.
As persoas gañadoras recibirán un diploma e un lote de libros, e a maiores repartiranse premios de distintos valores segundo as categorías. Se, ademais dos traballos premiados houbese, a xuízo do xurado, outras obras merecedoras de recoñecemento, poderanse outorgar mencións honoríficas.
Os relatos poderán presentarse até o 23 de decembro de maneira telemática, no enderezo electrónico da Concellería de Educación (educacion@lugo.gal) ou de maneira presencial nas oficinas da concellería, no centro de convivencia Uxío Novoneyra.
CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS
1º Diploma, lote de libros e premio de 200 €.
2º Diploma, lote de libros e premio de 100 €.
3º Diploma, lote de libros e premio de 70 €.
CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS
1º Diploma, lote de libros, e premio de 250 €.
2º Diploma, lote de libros, e premio de 130 €.
3º Diploma, lote de libros, e premio de 100 €
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte