O Museo Provincial de Lugo presenta unha publicación sobre María Corredoira.
O catálogo, con datos inéditos sobre a súa biografía e a traxectoria artística, recolle o traballo documental desenvolvido para a mostra retrospetiva realizada a pasada primavera
A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación do libro catálogo “María Corredoira”, que documenta a mostra retrospectiva realizada no Museo Provincial de Lugo a pasada primavera e o traballo de investigación desenvolvido para o proxecto expositivo dentro do programa (Re)coñecer? (Re) presentar? (Re)distribuír?.
Trátase dun catálogo razoado, coordinado pola directora do Museo Aurelia Balseiro, que, ademais de recoller inclúe apuntamentos biográficos e da traxectoria artística de María Corredoira, resultado da pescuda arquivística realizada, entre outras fontes, no arquivo do Museo Provincial de Lugo.

conversan con Pablo Otero Piñeiro, director do Instituto de Estudios
Gallegos Padre Sarmiento, unha das institucións que cedeu obras para a
mostra sobre María Corredoira. Foto: Gab. Com. Vicepresidencia Deputación de Lugo.
Entre outros aspectos, constátase que a data de nacemento da autora é o 18 de maio de 1888 -e non o 1893, como se extendeu na historiografía –, así como a súa vinculación con Xiá, no concello de Friol, de onde era orixinario o seu pai, Alfredo Corredoira Ruíz.
A publicación, que inclúe tamén unha bibliografía que recompila os traballos realizados sobre a artistas, supón así unha importante achega ao estudo e á difusión da obra dunha das autoras máis destacadas da arte galega do século XX e pioneira na docencia artística e na incorporación ás institucións representativas da arte galega, como a RAGBA.






