Maite Ferreiro: «o recinto feiral abrirá o 13 de outubro despois de escoitar a solicitude das e dos barraquistas»
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que recinto feiral abrirá un día máis con prezos reducidos.
«Celebraremos o día da infancia despois de escoitar a proposta das e dos empresarios do sector, permitindo que o recinto feiral prolongue a súa estancia máis a cambio de ofrecer prezos reducidos nos distintos postos», explicou Maite Ferreiro.
A proposta supón ampliar a apertura dos postos do recinto feiral, ofrecendo un prezo reducido tanto nas atraccións para persoas adultas como nas infantís.
Maite Ferreiro afirmou que «o San Froilán 2024 está a ser un gran éxito e desde o Concello de Lugo queremos facilitar que toda a veciñanza poida desfrutar das festas independentemente da súa situación económica».
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte