- Este evento ha pasado.
Teatro – Mulleres que viven soas

Teatro – Mulleres que viven soas
De Berrobambán
- sábado, 29 de marzo de 2025 20:30 hs.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Ficha Técnica:
– Dirección: Chiqui Pereira e Nuria Sanz.
– Elenco: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo.
Sinopse:
Protagonizada polas Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare.
Tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas.
Espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo.
Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción.
Mulleres que viven soas é unha coprodución de Berrobambán e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo.
ENTRADAS:
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
























