- Este evento ha pasado.
Concerto de Maraya Zydeko

Concerto de Maraya Zydeko
Club Clavicémbalo
10 de maio de 2025
22:30 horas
Maraya Zydeko: acordeón; Michael Lee Wolf: voz, guitarra; Carlos King Bee: batería. Maraya Zydeco é das poucas bandas europeas que dominan o xénero do zydeco, cajun, etc.
Segue a provocar grande expectación escoitar un acordeón interpretando esas músicas posto que na escena galega este instrumento está loxicamente moi vinculado ao tradicional.
A asturiana María Álvarez, instalada en Galicia hai máis dunha década, adaptou a súa técnica virtuosa de acordeón clásico a un bo blues, rock ‘n’ roll e a calquera son zydeco e cajun.
O traballo co piar esencial desta banda, o compositor, cantante e guitarrista de Pensilvania Lee Wolfe —que atesoura máis de dúas decenas de gravacións e compartiu escenario con mestres do talle de Sidney J. Wingfield, Ernie Hawkings e Philadelphia Jerry Ricks— permite a concreción dun estilo que se viña xestando en álbums anteriores, como Woody Guthrie Revisited (2009, Quadrant).
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
























