Nova instalación performativa do artista chairego Sergio Marey na Casa da Galería (Fundación Margarita Ledo Andión en Castro de Rei)
Poderá visitarse a partir do venres 18 de xullo – 19:0 horas. Ademais, na mesma sede, exposición de Anna Turbau. Galicia 1975-1979 “A intimidade da imaxe”.

Deus te livre, de Sergio Marey, é unha instalación performativa que combina diferentes medios e soportes o téxtil, o vídeo, o audio e a performance para reflexionar sobre as analoxías culturais transfronteirizas galega e portuguesa, á vez que se establece un paralelismo entre a figura de Fernando Pessoa e o autor da proposta, Sergio Marey, que serve como base de investigación das representacións LGTBI+.
A obra constrúese arredor dunha peza principal, a manta, tecida con lá sen fiar e fíos de xute usados para atar chourizos. Esta manta tecida pole artista parte da importancia do téxtil na industria de ambos países e nela entretecesen diferentes obxetos recollidos en diferentes viaxes por Galiza e Portugal. Obxetos que van dende bonecos, a culleres, candeas, cerámica ou fotografías enre outras e que dalgún xeito se enlaza coa obra de Pessoa e Marey.
A montaña lucense, Pol, agasallouno, di cun “continuo e invaluábel contacto co rural galego”. E esa cercanía guía a súa actual relación coa arte baixo unha visión política e social con Galiza. “É tan estreita esta relación que non concibo a miña actividade como algo alleo, senón como un axente que se interrelaciona co resto o que provoca en sí cultura”.
A intimidade da imaxe de Anna Turbau
A fotógrafa que se foi configurando a través do contacto Galiza, experiencia que ela propia describe a través de “anécdotas moi emocionantes, mais á vez de situacións moi duras que se entrelazaban cos meus sentimentos e a miña rabia do que se vivira co franquismo”, falecía o pasado 19 de marzo en Barcelona.
Dende o eco desa experiencia física foi como decidimos achegarnos a un arquivo de milleiros de negativos, que ela depositou no Consello da Cultura Galega, para escolmar imaxes que nos falen do traballo de Turbau, entre o 1975 e o 1979; do modo de se fundir coa xeografía variábel, co corpo ferido, co vestixio, co ritual do grito e do silencio, coa festa na revolta, no pronunciamento e na consciencia da perda, nese tempo en que andou por Galiza so a fórmula de «enviada especial» e produciu outra imaxe das clases sociais sen imaxe, cun vocabulario no que, mesmo nos traballos para a prensa, incorporou os afectos.
Polinizada pola foto-ensaio, a súa decisión sobre cada temática e os modos de contala; a súa toma de posición; a independencia como actitude persoal, todo a conduce cara a unha obra que nos explica. Talvez por iso podemos aplicar no contexto da Galiza da fin dos setenta esta opinión de Umberto Eco: as vicisitudes do noso século están resumidas nunha man de fotografías que fixeron época. Esas fotos, pensadas para seren publicadas a partires dos criterios de novidade, interese psicosocial, proximidade na chamada “transición política”, son as de Anna.