Un artigo de Luisa Varela con fotos de Marcos Loopez.

Lugo palpitou ao son dos concertos do Caudal Fest 2024.

A sexta edición do Caudal Fest celebrouse os días 20 e 21 de setembro de 2024 nas beiras do río Miño, xunto ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, e fíxoo con cifras de récord que confirman a súa condición de “última gran festa do verán” en Galicia.

O venres 20 de setembro estivo protagonizado por, Lontreira, Ramón Mirabet, Karavana, Ana Lua Caiano, Carlangas y los Cubatas, Huecco, Viva Suecia, Carlos Sadness, Amaral, Xina Mora e Varry Brava

O sábado 21: Beach Avenue, Querido, Monoulious DOP, Dani Dicostas, Nil Moliner,  Tu Otra Bonita, Ginebras, Siloé  Mikel Izal, Ladilla Rusa, Arde Bogotá e Parkineos.

O festival reuniu 40.000 asistentes, unha media de 20.000 persoas por día, converténdose así na edición máis multitudinaria desde a súa creación.

A primeira xornada estivo marcada polo concerto de Amaral, que reuniron a unha multitude entregada nun dos concertos máis emotivos do festival xunto ao de Viva Suecia.

O dúo zaragozano Amaral, acompañados da súa banda, ofreceron un repaso polos seus maiores éxitos, como «Cómo hablar», «Días de verano» ou «Marta, Sebas, Guille y los demás», creando unha atmosfera cargada de emoción e nostalxia.

O de Viva Suecia foi unha celebración colectiva, unha catarsis compartida que alcazou o seu máximo con «El bien».

Carlos Sadness foi enlazando os seus hits, como «Te quiero un poco» ou a «Isla morenita», que navegan entre o indie pop e o folk de aire caribeño, creando unha atmosfera chea de cores sonoras. 

Varry Brava, ou Ana Lua Caiano puxeron a nota de diversidade, mentres que o galego Querido e artistas como Ramón Mirabet ou Karavana completaron unha noite de gran intensidade na que non queremos deixar de mencionar a Lontreira facendo moverse ao público dun lado ao outro do recinto e baixando a cantar con eles, e o directo de Ginebras cunha posta en escena 100 % divertida como son as súas cancións.

O sábado o protagonismo recaeu en Mikel Izal e Arde Bogotá, que ofreceron dous dos concertos máis coreados da fin de semana.

A voz inconfundible de Mikel Izal encheu de emoción o Caudal percorrendo as cancións co seu característico equilibrio entre forza e delicadeza. As letras, cheas de emocións foron ampliamente coreadas. Un concerto que deixou ao público cunha sensación de plenitude, de que algo especial acababa de ocorrer.

O de Arde Bogotá foi memorable. Con 20.000 persoas entregadas, o da banda cartaxenera foi un derroche de enerxía e emoción deixandoo todo no escenario. A interacción entre a banda e os asistentes foi palpable durante toda a actuación, destando en cancións como “Exoplaneta”, “Antiaéreo” e «La salvación»,  creando un ambiente de complicidade e emoción compartida.

Non faltaron a enerxía festiva de Ladilla Rusa, Nil Moliner ou Monoulious DOP, que fixeron bailar ao público sen parar.

Horarios dos concertos do Caudal Fest 2025

caudalfest.es